Thursday 09 de May de 2024

O Concello de Neda adxudica as obras de aglomerado de camiños en Anca e Viladonelle


Investirá uns 67.000 euros nas intervencións, procedentes de fondos municipais

O Concello de Neda adxudicaba nas últimas xornadas novas actuacións de mellora de camiños municipais nas parroquias de Anca e Viladonelle. Uns traballos que se realizarán con fondos propios, e que suporán un investimento duns 67.000 euros. Os traballos previstos permitirán erradicar o estado de deterioro do camiño do Vilar-Sandes, do camiño en Vila de Anca e do camiño de Porta da Pena -este último en Viladonelle-, actualmente pavimentados por medio de regos asfálticos.

Así, as intervencións, que se prevé comecen nos próximos días, contemplan a limpeza de cunetas, rebacheo das zonas máis deterioradas, e aglomerado dos viais.

O prazo de execución estimado é de dous meses.